SalvemosSanxenxo

sábado

Aprobación Inicial do Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para a Xunta de Compensación do S.U. 1, sito en Os Cotos-Dorrón .
O Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo,mediante Resolución de 13 de decembro de 2004 acordase a aprobación inicial o proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para a Xunta de Compensación do S.U. 1 en Os Cotos - Dorrón.
Durante o prazo de vinte días exponse ó público o citado proxecto co obxeto de que poida examinarse e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes.O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das Administración Públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados
directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.Segundo o establecido no artigo 161.3 do RGU,
publicase o contido de dito proxecto.
Sanxenxo a 20 de decembro de 2004.—O Presidente,
Telmo Martín Gonzalez. 2004011330
E S T A T U T O S
TÍTULO 1.—DENOMINACIÓN E COMPOSICIÓN.
DOMICILIO. OBXECTO E FINS. ÓRGANO TUTELANTE. AMBITO DE ACTUACIÓN.DURACIÓN. RÉXIME XURÍDICO
ART 1.—DENOMINACIÓN E COMPOSICIÓN.


1.—Coa denominación de “Xunta de Compensación do polígono “OS COTOS” del Plan Parcial de Ordenación en desarrollo del SOLO URBANIZABLE SECTORIZADO nº 1 del Lugar “OS COTOS”,Parroquia de Dorrón (Sanxenxo), constitúese esta Entidade Urbanística Colaboradora de natureza administrativa, con personalidade xurídica propia
e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins dende a súa inscripción no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras.
2.—A Xunta de Compensación estará integrada polos propietarios de parcelas incluidos dentro do seu ámbito de actuación que aceptasen o sistema e se incorporen á mesma, polas Entidades públicas titulares de bens incluidos no polígono ou Unidadede Actuación, xa teñan carácter demanial ou patrimonial e, no seu caso, polas empresas urbanizadoras que se incorporen segundo o establecido nestes Estatutos e Bases de Actuación.


ART. 2.—DOMICILIO.
1.—O domicilio da Xunta de Compensación establecerase no seu acto constitutivo.
2.—Este domicilio poderá ser modificado por acordo da Asemblea Xeral, dando conta ó Concello e Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras.


ART. 3.—OBXECTO E FINS.
1.—O obxecto da Xunta de Compensación consiste na xestión e execución da urbanización do Polígono de referencia polo sistema de compensación,mediante o reparto equitativo entre os propietarios afectados dos beneficios e cargas da urbanización.
2.—Ademáis dos establecidos pola normativa urbanística, serán fins primordiais da Xunta Compensación,que se nuncian a título exemplificativo,os seguintes:
a) Agrupar ós propietarios das fincas comprendidas no ámbito do Polígono, que se unen nunha acción común para executar o planeamento urbanístico e distribuir equitativamente beneficios e cargas da actuación entre os seus membros integrantes, aportando os terreos que sexan de cesión obrigatoria e gratuita, segundo o planeamento e de conformidade
co previsto na lexislación urbanística,para a súa adxudicación ó Concello de Sanxenxo.
b) Efectuar as operacións técnicas, xurídicas e materiais previstas no planeamento e nestes Estatutos e Bases de Actuación, especialmente as parcelacións e reparcelacións necesarias, que se practicarán de conformidade co establecido na Lexislación Urbanística, redactando e tramitando o Proxecto de Compensación,ata a súa inscripción no Rexistroda Propiedade.
c) Executar no ámbito da actuación da Xunta de Compensación as obras definidas nos proxectos de urbanización que desenvolvan o planeamento do citado ámbito.


3.—Para o cumprimento de tales fins, a Xunta de Compensación poderá realizar os seguintes actos, con carácter meramente enunciativo e non limitativo:
a) Transmitir ó Ilmo. Concello de Sanxenxo tódolos terreos de cesión obrigatoria, en pleno dominio e libres de cargas, segundo o establecidopola lexislación vixente.
b) Adxudicar as Parcelas que resulten do Proxecto de Compensación entre os membros da Xunta de Compensación e,no seu caso, á propia Xunta.
c) Redactar Proxectos de Urbanización, aprobalo presuposto da súa execución, realizar as obras previstas neles, e interesar da Administración a súa recepción.
d) Concertar e prestar garantías ou avais perante os órganos urbanísticos.
e) Xestiona-lo cobro ós membros da Xunta das cuotas e derramas pertinentes para sufragalo custe da urbanización, así como as indemnizaciónse demáis gastos que se aproben de conformidade con estes Estatutos e a lexislación aplicable.
f) Reclamar directamente na vía xudicial civil o pago das cantidades adebedadas polos membros da Xunta de Compensación, ou ben solicitar da Administración pública actuante o exercicio da vía de constrinximento para tal fin.
g) Interesar do órgano urbanístico actuante, a expropiación en favor da Xunta de Compensación dos terreos dos propietarios incluídos ou adscritos ó ámbito de actuación que non se incorporasen nin adherisen á Xunta, ou ós
daqueles que téndose incorporado deban ser expropiados polo incumprimento das súas obrigas, en especial polo impago das cotas de urbanización.
h) Exercitar o dereito a esixir das entidades concesionarias de servicios o reintegro dos gastos de instalación das redes de auga, enerxía eléctrica, telefonía, etc., no senso establecido pola lexislación e xurisprudenza aplicables.
i) Proceder, previo acordo da Asemblea Xeral,á edificación dos terreos que se reserve ou se lle adxudiquen e a tódalas operacións complementariase necesarias para tal fin.
j) Celebrar toda clase de contratos que sexan necesarios para lograr o obxecto proposto,incluidos os de redacción do Proxecto de urbanización e execución da obra urbanizadora e, no seu caso, de edificación, e o Proxecto de Compensación,.
k) Adquirir, posuír, allear, gravar ou exercer calquer outro acto de dominio ou administración dos bens que constitúen o patrimonio da Xunta de Compensación, así como actuar en calidade de fiduciaria con poder dispositivo sobre as fincas afectadas pola actuación urbanística pertencentes ós membros daquela ou das parcelas resultantes adxudicadas ós
mesmos. En todo caso, os terreos quedarán directamente afectos ó cumprimento das obrigas inherentes ó sistema.
l) Formalizar operacións de crédito ou emitir títulos para obter recursos económicos cos que atender á execución das obras de urbanización ou calquer outro gasto que se produza,coa garantía dos terreos afectados.
m) Asumir a xestión e defensa dos intereses comúnsdos membros integrantes da Xunta de Compensación, comparecendo como tal ante rexistros da propiedade, persoas xurídicoprivadas,notarías e ante calquera autoridade
e órganos da administración do Estado, autonómica,provincial ou local, institucional ou corporativa, así como ante os xuíces e tribunais en tódolos seus graos, instancias e xurisdiccións,fronte ós particulares, persoas físicas ou xurídicas, e toda clase de Administracións.
n) Interesar da Administración actuante a inscripción da Xunta de Compensación no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras,así como no Rexistro Mercantil no seu caso.
o) Interesar dos órganos urbanísticos competentes a aprobación dos Proxectos de Compensación e Urbanización e, no seu caso, de edificación, así como de todos aqueles documentos necesarios para o cumprimento dos fins da presente Xunta de Compensación.
p) Interesar o outorgamento dos beneficios fiscais urbanísticos previstos nas disposicións legais vixentes.
q) En xeral, o exercicio de cantos dereitos e actividades lle corresponden en aplicación da lexislación vixente.
4.—No caso de ser necesaria a expropiación dos terreos de propietarios non incorporados, ou incumpridores das súas obrigas na execución do polígono,a Xunta de Compensación redactará o correspondente proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a súa posterior presentación e tramitación na Administración pública competente. Pagará o importe do prezo xusto expropiatorio finalmente determinado e recibirá os terreos expropiados en calidade de beneficiaria.
Por acordo da Asemblea Xeral e no momento que ésta determine, ditos terreos subhastarasen á alza entre os seus propios membros ou en licitación pública,respectando os principios de publicidade e concorrencia.


ART. 4.—ÓRGANO URBANÍSTICO DE CONTROL.
A Xunta de Compensación desenvolverá a súa actividade baixo a tutela do Concello de Sanxenxo.Dita Administración local asistirá por medio de representante ás reunións da Xunta de Compensación,instruirá e asesorará acerca da política urbanística municipal
, resolverá os recursos de alzada interpostos contra os Acordos da Xunta e fiscalizará a súa actuación, asegurándose do seu correcto funcionamento.


ART. 5.—ÁMBITO QUE CONSTITÚE O SEU OBXECTO.
A Xunta de Compensación abrengue os terreos incluidos no Polígono de referencia, (e os adscritos ó mesmo) coa delimitación representada gráficamente nos planos do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente e, no seu caso, planeamento secundario que o desenvolva.
ART. 6.—DURACIÓN.
A Xunta de Compensación terá unha duración indefinida ata o total cumprimento dos seus fins,agás que antes se acordase a súa disolución e liquidación segundo o previsto nestes Estatutos.
ART. 7. RÉXIME XURÍDICO.
A Xunta de Compensación rexerase polo disposto nestes Estatutos e Bases de Actuación así como na na lexislación urbanística do solo que lle resulte de aplicación. Supletoriamente, en primeiro termo pola regulación dos órganos colexiados establecida na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo
Común, e no seu defecto pola das sociedades anónimas mercantís.


TÍTULO II.—INCORPORACIÓN E CONSTITUCIÓNDA XUNTA DE COMPENSACIÓN. TITULARIDADES ESPECIAIS. TRANSMISIÓN DE BENS E DEREITOS
ART. 8.—INCORPORACIÓN Á XUNTA.
1.—Na Xunta integraranse as persoas físicas ou xurídicas, privadas ou públicas, propietarias dos terreos incluidos no Polígono, sen discriminación ningunha en canto a dereitos e obrigas, que acepten o sistema ou se adhiran ó mesmo.
2.—Un representante do municipio formará parte do órgano rector da Xunta de Compensación en todo caso e será designado no seu acto constitutivo.
3.—Tamén poderán formar parte da Xunta, empresas urbanizadoras representadas por unha soa persoa, cos requisitos e condicións que se sinalen nestes Estatutos e nas Bases de Actuación.
4.—Os propietarios non promotores da Xunta poderán incorporarse ou adherirse a esta, con igualdade de dereitos e obrigas, ben no acto constitutivo,ben dentro do prazo dun mes dende a notificación da súa constitución. Para que a adhesión resulte efectiva deberá manifestarse ante notario e comunicarse por escrito á Xunta de Compensación
dentro do expresado prazo. Nese escrito o propietario sinalará aceptar estas Bases e Estatutos, con indicación
dos seus datos persoais, enderezo para notificacións e descripción da súa finca. Tamén acreditará a súa titularidade consonte co disposto no art. 14.4 destes Estatutos.
Transcorrido o devandito prazo, a incorporación só será posible se non atranca o desenvolvemento do proceso e o aproba a Xunta de Compensación mediante Acordo da asemblea xeral.
5.—Os propietarios incorporados ou adheridos deberán pagar no prazo de dez días hábiles dende que se lles requira pola Xunta, as cantidades correspondentes a gastos xa realizados e os previstos para futuras etapas que fosen xa xirados, en función das cuotas respectivas. A tal fin poderán solicitar información da Xunta e requirir xustificación
dos gastos que se lles repercutan.
6.—Os terreos dos propietarios non incorporados nin adheridos en tempo e forma á Xunta de Compensación serán expropiados consonte co disposto no Art. 3.4 destes Estatutos e na lexislación vixente.
7.—No caso de fincas en proindiviso, bastará para a súa incorporación á Xunta de Compensación a conformidade dos cotitulares que representen o 50% das cuotas de participación nesa comunidade.


ART. 9.—CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN.


1.—Tra-la suscripción en legal forma da escritura pública ou outorgamento do documento administrativo fidedigno no que se consentise a aplicación deste modelo de bases e estatutos, os promotores da actuación convocarán a tódolos propietarios do ámbito e, no seu caso, empresa urbanizadora para a constitución definitiva da Xunta de Compensación.
A convocatoria efectuarase mediante carta certificada, burofax ou calquer outro medio que acredite a súa recepción polo interesado, cunha antelación mínima de sete días hábiles, sinalándose nela o seu obxecto e a data e lugar no que outorgará a escritura pública de constitución da Xunta de Compensación.


2.—Para a efectiva constitución da Xunta será necesaria a concorrencia dos propietarios que representen como mínimo o 50% da superficie do ámbito.
3.—A constitución efectuarase por medio de escritura pública, na que se manifestará:
a) Relación de propietarios e, no seu caso, empresas urbanizadoras.
b) Relación de fincas das que sexan titulares.
c) Persoas físicas designadas para ocupar os cargos do órgano rector.
d) Acordo de constitución.
e) Outras declaracións de interese ó obxecto da Xunta de Compensación.
4.—As empresas urbanizadoras poderanse incorporar ainda despois de constituida a Xunta, nas condicións que acorde a Asemblea Xeral, co voto favorable da maioría das cuotas de participación e coas garantías e compromisos que se esixan pola mesma.
5.—Presentarase no Concello unha copia autenticada da Escritura constitutiva para a súa aprobación e posterior inscripción no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras.
ART. 10.—INCORPORACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ACTUANTE.
O Concello de Sanxenxo integrarase automáticamente na Xunta de Compensación, ó igual co resto de administracións públicas titulares de bens de dominio público no ámbito da actuación. O Concello, nas súas funcións de control e fiscalización,designará un representante no Consello Rector da Xunta de Compensación.
ART. 11.—TITULARIDADES ESPECIAIS.


1.—A participación na Xunta dos menores de idade ou incapacitados efectuarase polos seus representantes legais, sen diminución das facultades fiduciarias de disposición e administración da Xunta.
2.—No caso de existir un réxime de proindiviso sobre unha finca ou dereito, os cotitulares designarán un representante para o exercicio das súas facultades como asociado, respondendo solidariamente fronte á Entidade de cantas obrigas dimanen da súa condición. No seu defecto a Xunta de Compensación designará a dito representante entre os
condóminos.
3.—Se algunha finca pertencese en nuda propiedade a unha persoa, tendo outra calquera un dereito real limitativo de dominio, a calidade de asociado corresponderá á primeira, sen prexuizo dos dereitos e obrigas que ostenten os segundos.


ART. 12.—TRANSMISIÓN DE BENS E DEREITOS.
1.—A incorporación dos propietarios non presupón a transmisión á Xunta de propiedade dos inmobles,salvo manifestación en contrario no acto constitutivo. A Xunta de Compensación actuará como fiduciaria con pleno poder de xestión, administración e disposición, para lograr o obxecto da actuación. En todo caso, os terreos quedarán directamente afectados ó cumprimento das obrigas inherentes ó sistema.
2.—A Xunta de Compensación será beneficiaria da expropiación nos supostos recollidos nestes Estatutos e nas Bases de Actuación e nos que prevea a lexislación vixente aplicable. A Xunta redactará o correspondente proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a súa posterior presentación e tramitación na Administración
pública competente. Pagará o importe do prezo xusto expropiatorio finalmente determinado e recibirá os terreos expropiados en calidade de beneficiaria.
Por acordo da Asemblea Xeral e no momento que ésta determine, ditos terreos subhastarasen á alza entre os seus propios membros ou en licitación pública, respectando os principios de publicidade e concorrencia
3.—A Xunta de Compensación actuará como fiduciaria con pleno poder dispositivo sobre os predios pertencentes ós propietarios membros daquelas,sen máis limitacións cas establecidas nos estatutos.
4.—A Xunta poderá gravar, ofrecer en garantía,hipotecar e allear terreos, xa fosen incorporados a esta por expropiación, xa fosen aportados polos seus membros para facer fronte ós gastos de urbanización,previo acordo adoptado en Asemblea Xeral.
5.—Os propietarios poderán allear os seus terreos,ou a súa participación na mesma, coas seguintes condicións e efectos:
a) O transmitente notificará en forma fidedigna ó Presidente da Xunta, o nome, enderezo e demáis circunstancias do adquirente, así como as condicións da transmisión.
b) O adquirinte por calquera título quedará subrogado nos dereitos e en tódalas obrigas pendentes por razón da participación alleada,efectuándose expresa mención disto no título de transmisión.
ART. 13.—PROXECTO DE COMPENSACIÓN


1.—De acordo co establecido nas bases de actuación,a xunta de compensación formulará o correspondente proxecto de compensación. Éste aprobarase pola xunta co voto dos propietarios que representen a maioría das cuotas de participación,logo da información pública mediante anuncio publicado no BOP e audiencia de todos os afectados por prazo de 20 días hábiles. A continuación elevarase o Proxecto á Administración municipal.
2.—Unha vez aprobado definitivamente o Proxecto de Compensación polo Concello, a Xunta procederá a inscribilo no Rexistro da Propiedade.Comunicaráselle a tódolos propietarios por escrito a referencia rexistral das respectivas fincas resultantes.
3.—No caso de que os titulares dalgún dereito real ou persoal no polígono discrepasen das indemnizaciónsa eles atribuídas no Proxecto de Compensación,deberán presentar na Administración municipal folla motivada de aprecio no prazo de vinte días hábiles dende a notificación do Acordo da aprobación definitiva do Proxecto. A continuación o Concello, previo Informe, remitirá o expediente ó Xurado Provincial de Expropiación Forzosa, ou órganoque o substitúa, ós oportunos efectos.


TÍTULO III.—DEREITOS E OBRIGAS DOS
MEMBROS DA XUNTA DE COMPENSACION.
ART. 14.—CUOTAS SOCIAIS
1.—A participación dos membros da Xunta de Compensación nos dereitos e obrigas comúns determínase a partir da cuota proporcional correspondenteen función dos bens aportados.
2.—Para determina-las respectivas cuotas antes da aprobación do Proxecto de Compensación atenderase á superficie das fincas aportadas fiduciariamente á Xunta, en relación coa superficie total do polígono e terreos adscritos. En solo urbano non consolidado, o dereito dos propietarios afectados será proporcional ó valor urbanístico da superficie dos seus respectivos predios. Despóis de aprobado o Proxecto, calcularanse en proporción ó aproveitamento urbanístico adxudicado a cada propietario.Non obstante, os propietarios, por unanimidade,poderán adoptar un criterio distinto.
3.—A modificación ou reaxuste das cuotas de participación na Xunta de Compensación aprobarase por acordo da maioría absoluta das preexistentes e comunicarase á Administración municipal.
4.—A propiedade acreditarase mediante certificación rexistral ou no seu defecto calquer outro medio de proba válido en dereito. No caso de existir discordancia entre a superficie escriturada e a real prevalecerá esta última.
5.—No suposto de non declararse algunha carga,ou de que as declaracións non se correspondan coa
realidade, os prexuízos que puidesen resultar no momento da equidistribución imputaranse ó propietario
responsable da omisión, deducíndose do valor da finca de resultado que lle corresponda.
6.—O valor dos demáis bens e dereitos distintos do solo, afectados polo Proxecto de Compensación,non influirá no coeficiente de participación dosxunteiros. Os dereitos indemnizatorios que no seu caso orixinen, satisfaranse con cargo ó Proxecto de Compensación, como gasto de urbanización.
7.—No suposto de incorporación á Xunta de Compensación de empresas urbanizadoras, cando se integren procederase ó reaxuste das participacións porcentuais dos xunteiros, en función do valor dos terreos e previsión de custes da urbanización do polígono.
ART. 15.—DEREITOS.
Son dereitos dos membros da Xunta de Compensación os seguintes:
a) Asistir por si, ou por medio de representante acreditado ás sesións da Asemblea Xeral, intervir nelas e votar os Acordos que se adopten,ponderadamente en relación proporcional á súa cuota de participación.
b) Participar, como eleitor ou candidato, na designacióndos cargos da Xunta de Compensación.
c) Allear, gravar ou realizar calquera acto de disposición sobre os terreos ou cuotas da súa propiedade, nos termos e condicións sinalados no art. 12 destes Estatutos.
d) Adquirir a titularidade individual ou en copropiedade da parcela ou parcelas que lle sexan adxudicadas en vía de reparcelación,proporcionalmente ás súas cuotas respectivas.
e) Percibir, ó tempo da liquidación definitiva e en proporción ás súas respectivas cuotas, a parte do patrimonio da Xunta de Compensación que lle correspondese.
f) Informarse sobre a actuación da Xunta e coñecer o estado de contas, poidendo solicitar a exhibición de recibos e xustificantes nos días previos á celebración da Asemblea Xeral Ordinaria.
g) Exercitar os recursos que procedan contra os acordos e resolucións dos órganos de goberno da Xunta, nos prazos e cos requisitos establecidos nos presentes Estatutos e Bases de Actuación e na lexislación aplicable.
h) Satisface-las cuotas de urbanización total ou parcialmente mediante cesión á Xunta de Compensación de parte do seu terreo ou cuota na proporción establecida nas Bases de Actuación, ou naquela outra valoración de tipo xeral que a Xunta poida acordar por unanimidade.
i) Os demáis dereitos que lles correspondan de conformidade co disposto nos Estatutos e Bases de Actuación e na normativa legal aplicable.
ART. 16.—OBRIGAS:
1.—Son obrigas dos membros da Xunta de Compensación as seguintes:
a) Observa-las prescripcións do planeamento urbanístico vixente.
b) Poñer a disposición da Xunta os documentos probatorios da súa titularidade, superficie e lindeiros da finca preexistente. A falta de ditos títulos, o propietario deberá presentar declaración xurada con descripción do predio e titulo de adquisición, achegando un croquis e cantos documentos poidan acreditar a súa condición de propietario, tales como recibo xustificativo do pago do IBI,Certificación do Catastro ou censamento.

46 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 2 — Martes 4 enero 2005
c) Se os terreos estivesen gravados, deberá acompañar relación cos nomes e domicilios dos titulares de dereitos reais e personais,con expresión da natureza e contía das cargas e gravames, identificación de arrendatarios,beneficiarios de servidumes ou ocupantes, achegando os contratos ou documentación
existente ó respecto.

d) Sinalar no momento de incorporación á Xunta un domicilio a efecto de notificacións,así como posteriormente as sús posibles modificacións.
e) Cumprir os acordos válidamente adoptados pola Asemblea Xeral ou o Consello Rector, e acatar a autoridade dos seus representantes,sen prexuízo do réxime de recursos establecido nestes Estatutos e na lexislación vixente.
f) Pagar á Xunta de Compensación os gastos de urbanización e as cotas ordinarias e extraordinarias que se lle xiren, na contía que a cada membro corresponda en proporción á súa cuota de participación e nos prazos queós efectos se sinalen.
f) Regularizar a titularidade e situación rexistral dos terreos aportados, dentro dos prazos sinalados polo Consello Rector.
g) Efectuar as cesións gratuitas dos terreos que resulten da actuación e outorgar os documentos
necesarios para formalizar ditas cesións.
h) Permitir a ocupación das fincas orixinais para a execución das obras de urbanización,depósito de materiais e instalacións complementarias,coa conseguinte derruba, se fose necesaria, das construccións, instalacións e
plantacións situadas no solo, subsolo ou voo,unha vez aprobado o Proxecto de Compensación.
i) Comunicar á Xunta calquera alteración xurídica ou física que se produza na súa finca orixinaria (transmisións, gravames, deslindes,etc.), na forma prevista no artigo 12.5 destes Estatutos.
j) Designar, nos supostos de copropiedade,unha persoa que represente ós cotitulares ante os órganos representativos da Entidade,sen prexuizo da responsabilidade solidaria daqueles no exercicio dos dereitos e cumprimento das obrigas.
k) Os demáis que se deriven dos Estatutos e Bases, plans, proxectos aprobados e demáis lexislación aplicable.
l) Constituír a garantía persoal e/ou hipotecaria dos terreos afectados para obter os créditos necesarios para realizar as obras de urbanización,ou constituí-los avais necesarios para garantilas.
2.—O incumprimento destes deberes co alcance sinalado nas Bases de actuación lexitima á Xunta para promovela-la expropiación forzosa da finca do propietario renuente.
TÍTULO IV.—ÓRGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓN.
ART. 17.—ENUMERACIÓN.
1.—Os órganos de goberno e administración da Xunta de Compensación, quedarán constituidos polos seguintes:
a) Asemblea Xeral.
b) Consello Rector.
c) Secretario.
d) Presidente.
e) Vicepresidente.
2.—Potestativamente e por Acordo da asemblea xeral poderá designarse tamén un Tesoureiro.
CAPÍTULO 1º.—DA ASEMBLEA XERAL.
ART. 18.—COMPOSICIÓN E CLASES.
1.—A Asemblea, órgano deliberante supremo da Xunta de Compensación e decisorio no ámbito da súa competencia, estará constituida por tódolos membros da Xunta de Compensación

2.—Reunirase en forma ordinaria, ó menos,unha vez ó ano, coa finalidade de deliberar e tomar acordos sobre a aprobación, no seu caso, da Memoria,Contas, Balance, e xestións realizadas, e para aprobar o Presuposto do exercicio seguinte coa actualización de cuotas ou derramas.En sesión extraordinaria reunirase cando o decida o seu Presidente ou o Consello Rector. Tamén cando o soliciten, para tratar dun asunto concreto,os propietarios que representen un mínimo dun 30% das cuotas de participación. Neste último caso a Asemblea celebrarase nos seguintes 30 días naturais dende a presentación da solicitude na sede da Xunta de Compensación. Se o Presidente non a convocase nese prazo, poderán dirixirse ó Concello para tal fin.
3.—Serán Presidente e Secretario da Asemblea quen o sexa do Consello Rector ou as persoas que os representen. Citarase para formar parte da Asemblea Xeral o representante do Concello como órgano de control e fiscalización e como propietario.
4.—Se reunidos a totalidade dos propietarios da Xunta acordan unánimemente celebrar a súa asemblea,
non será necesaria a previa convocatoria.
5.—Tódolos membros da Xunta, mesmo os disidentes e os que non asistisen á Asemblea, quedarán vinculados polos acordos válidamente adoptados nela, sen prexuizo da interposición dos recursos
procedentes.

ART. 19.—FACULTADES.
Serán facultades da Asemblea Xeral as seguintes:
a) Designación e cese dos membros do Consello Rector, con fixación no seu caso das súas retribucións.
b) Exame e aprobación da xestión común, Memoria,Contas e Balance do exercicio anterior
e a do Presuposto e Proxectos do seguinte.
c) Determinación dos medios económicos de acordo co establecido nas Bases de Actuación e disposicións legais e ó proposto polo Consello Rector, fixación das aportacións ordinarias,así como imposición de derramas extraordinarias
para atender a gastos non previstosno Presuposto anual.
d) Autorizar a formalización de actos dispositivos sobre bens e dereitos da Xunta, tales como adquisicións, alleamentos, segregacións,divisións, agrupacións, permutas,obras, edificacións, declaracións de obra nova e división horizontal, constitución de dereitos reais, cancelación dos mesmos, e demais actos de administración e disposición relativas ós bens e dereitos pertencentes á Xunta de Compensación.
e) Determinar a prioridade na execución das obras de urbanización e edificación, no seu caso, a proposta do Consello Rector, dentro das previsións do Plan de Etapas, así como acordar as fases en que se proceda á execución e urbanización da Unidade de Actuación.
f) Aprobar inicialmente o Proxecto de Compensación co voto favorable da maioría absoluta das cotas de participación.
g) Encarga-la redacción do Proxecto de Urbanización,e aprobalo para a súa remisión e tramitación na Administración municipal.
h) Adxudicar as parcelas e pisos ou locais nos que teñan de facer efectivos os seus dereitos os propietarios integrantes do polígono e a estes efectos aprobar a redacción das escrituras de declaración de obra nova, división horizontal e adxudicación e todas outras que sexan necesarias.
i) Acordar a constitución de garantías que poidan requirir os órganos urbanísticos para asegurar as obrigas contraídas pola Xunta deCompensación. Se as entidades crediticias esixen unha garantía persoal ou hipotecaria,os membros da Xunta estarán obrigados a constituíla.
j) Acordar a formalización de créditos para realizar as obras de urbanización, mesmo con garantía persoal e/ou hipotecaria dos terreos afectados, estando os propietarios obrigados a constituír tal garantía.
k) Resolver sobre a incorporación de empresas urbanizadoras e acordar a constitución de sociedades con fins de urbanización, edificación,explotación de servicios, ou complementarias das mesmas.
l) Acorda-la interposición de accións xudiciais na defensa dos intereses da Xunta de Compensación
ou dos seus membros.
ll) No caso de que lle interesase modificar algún precepto destes Estatutos e Bases de Actuación xerais, a Asemblea poderá aproba-lo proxecto dos seus propios Estatutos e Bases de Actuación particulares co voto favorable
das cotas de participación que representen polo menos o 50% do total, para a súa posterior presentación e tramitación no Concello.
m) Acordar a disolución da Xunta de Compensación,de acordo co previsto nestes Estatutos.
2.—Todas estas competencias poderán ser delegadas pola Asemblea Xeral no Consello Rector,Presidente ou Vicepresidente, agás as de aprobación do Proxecto de Compensación e disolución da Xunta de Compensación.
ART. 20.—CONVOCATORIA.
1.—As xuntanzas da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria serán convocadas polo Presidente,mediante carta certificada con acuse de recibo, burofax ou calquer outro medio que deixe constancia da súa recepción polo interesado. Practicarase a notificación cunha antelación mínima de oito días hábiles a súa celebración. Publicarase tamén un
anuncio no domicilio da Xunta de Compensación.En ámbolos dous casos, a convocatoria expresaráo lugar, data e hora da primeira e segunda convocatoria da xuntanza, así como orde do día expresiva dos asuntos que se teñan que someter a coñecemento e resolución da Asamblea.
2.—Na convocatoria das Asembleas Xerais Ordinarias,indicarase que no domicilio social en horas hábiles e deica ó día anterior á xuntanza,atópanse a disposición dos asociados a Memoria e Contas do exercicio anterior e o Presuposto para o exercicio seguinte.
3.—Reunidos tódolos membros da Xunta, por acordo unánime poderán celebrar unha Asemblea xeral, sen necesidade de previa convocatoria.
ART. 21.—CONSTITUCIÓN.
1.—A Asemblea quedará válidamente constituida en primeira convocatoria, cando concorran a ela os membros da Xunta que representen polo menos o 50% das cotas de participación. Entenderase válidamente constituida en segunda convocatoria,

48 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 2 — Martes 4 enero 2005 calquera que sexa o número de asistentes, transcorridamedia hora despois da primeira.
2.—Os socios poderán designar, por escrito e para cada xuntanza, a outras persoas que lles representen
nas Asambleas.
ART. 22.—SESIÓNS - VOTACIÓNS
1.—O Presidente, ou quen o substitúa, presidirá a Asemblea Xeral, dirixirá e moderará os debates.Actuará como Secretario quen o sexa do ConselloRector ou o seu substituto.
2.—Os membros da Xunta que asistan á asemblea deberán acredita-la súa identidade antes da reunión mediante exhibición do seu DNI, quedando constancia no correspondente listado de asistencia,que deberán subscribir.
3.—Tamén poderán asistir ás asembleas os técnicos ou asesores que considere conviñente o Presidente da Xunta, os cales poderán intervir con voz pero sen voto.
4.—Os acordos adoptaranse por maioría simple das cuotas de participación, agás a aprobación do proxecto de compensación, modificación dos Estatutos e Bases de Actuación e disolución da Xunta de Compensación, que requerirán a maioría absoluta de cuotas.
5.—No caso de empate, o representante do Concello terá voto dirimente.
6.—Os acordos da Asemblea serán de contado executivos, sen prexuizo da interposición dos recursos administrativos ou xudiciais procedentes.
ART 23.—CÓMPUTO DE VOTOS.
1.—O voto efectuarase ponderadamente en función da cuota de participación que lle corresponda a cada socio, consonte co sinalado no Art. 14 destes Estatutos.
2.—No suposto de incorporación de empresas urbanizadoras,no momento da súa integración procederase ó reaxuste das participacións porcentuais.
ART. 24.—ACTAS.
1.—De cada xuntanza da Asemblea Xeral levantarase Acta, que se aprobará na mesma reunión ou nunha posterior. Nela manifestarase o lugar, data e hora da súa celebración, se se trata da primeira ou segunda convocatoria ,identificación dos asistentes, orde do día que coincidirá coa da previa convocatoria, e relación clara e sucinta dos acordos adoptados sobre cada un dos puntos da orde do día, co resultado das votacións. Na parte inmediatamente
inferior, subscribirá a Acta o Secretario da Xunta de Compensación, co Visto Bo do Presidente.
2.—A Asemblea poderá acordar que a Acta da reunión se redacte con posterioridade. En tal caso aprobarase na seguinte reunión que se celebre.
3.—As actas figurarán no libro correspondente,debidamente dilixenciado e foliado polo Secretario.A requerimento dos socios, o Secretario expedirá Certificacións do contido do Libro de Actas, coVisto Bo do Presidente.
CAPÍTULO 2º.—DO CONSELLO RECTOR OU COMISIÓN EXECUTIVA.
ART. 25.—COMPOSICIÓN.
1.—O Consello Rector comporase dun Presidente,Vicepresidente, Secretario e dous vocais, o último deles en representación do Concello de Sanxenxo.Potestativamente e previo acordo da Asemblea xeral tamén formará parte deste órgano o Tesoureiro.
2.—Os cargos poderán recaer en persoas físicas ou xurídicas, pertencentes ou alleas á Xunta de Compensación. A súa designación e, no seu caso,retribucións, aprobaranse pola Asemblea Xeral.
3.—Se non fosen propietarios do ámbito, poderán participar con voz pero sen voto na asemblea
xeral.
ART. 26.—DURACIÓN DOS CARGOS:
1.—Os nomeamento dos cargos designados pola Xunta terán dous anos de duración dende a data da súa elección en Asemblea Xeral. Non obstante, poderán ser reelexidos, nunha ou varias reeleccións,ou removidos dos seus cargos por acordo da AsembleaXeral.
2.—No caso de falecemento, renuncia ou cese por calquera causa, o Consello Rector nomeará un substituto provisorio ata a primeira xuntanza da Asemblea Xeral, na que se elixirá ó novo cargo.
ART. 27.—COMPETENCIA:
Son funcións específicas do Consello Rector, sen prexuízo das outorgadas ó Presidente, as seguintes:
a) Proposición de acordos á Asemblea Xeral.
b) Execución dos acordos adoptados pola Asemblea Xeral, sen prexuizo da competencia concorrente do Presidente para facelo.
c) Xestión dos asuntos ordinarios da Xunta de Compensación.
d) Formalización da Memoria, Contas correspondentese Presuposto anual de ingresos e gastos de cada exercicio económico que vaia ser sometido á Asamblea Xeral.
e) Acordar a realización de toda clase de actos de dominio, tales como adquisicións, alleamentos, segregacións, divisións, agrupacións,permutas, obras, edificacións, declaracións de obra nova e división horizontal, constitución
de dereitos reais, cancelación dos mesmos,relativos ós bens e dereitos pertencentes á Xunta de Compensación, previa a súa aprobación pola Asemblea Xeral, agás dis Nº 2 — Martes 4 enero 2005 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 49
pensa desta ou habilitación directa ó Presidenteou ó Vicepresidente para elo.
f) Propoñer á Asemblea Xeral as cuotas correspondentesós socios da Xunta de Compensación, así como as modificacións ou reaxustes procedentes por novas aportacións ou a consecuencia das operacións de compensación.
g) Fixar as cantidades necesarias para contribuir ós gastos comúns ordinarios e extraordinarios, así como a forma e prazo nos que se van satisfacer, sen prexuízo da súa posterior aprobación pola Asemblea Xeral. Proceder contra os asociados morosos no pago das cantidades que lles correspondan, así como instar da Administración municipal o inicio
da vía de constrinximento, dando conta á Asemblea xeral.
h) Solicitar a concesión de beneficios fiscais e exencións tributarias que as disposicións vixentes establezan a prol da Xunta de Compensación.
i) Contratación do persoal e servicios profesionais que sexan necesarios para o cumprimento do obxecto da Xunta de Compensación,dando conta á Asemblea xeral.
j) E en xeral, tódalas facultades de goberno e administración que non se reservasen á Asemblea Xeral ou ó Presidente, e aqueloutras que estos deleguen expresamente.
ART. 28.—SESIÓNS.
1.—O Consello Rector, reunirase cantas veces cumpra para os intereses da Xunta de Compensación, a iniciativa do Presidente.
2.—A convocatoria poderase efectuar por fax, burofax, carta certificada con acuse de recibo ou calquér outro medio que deixe constancia da súa recepción, con ó menos un día de antelación ó de celebración da xuntanza. O Consello rector quedará válidamente constituido se asisten, por sí ou representados, polo menos tres dos seus membros. Se faltasen á reunión o Presidente ou o Secretario e os seus posibles representantes, os asistentes designarán por maioría entre sí as persoas que desempeñarán dita función accidentalmente para esa reunión.
En caso de urxencia, a convocatoria poderase efectuar no mesmo día, sempre que se notifique con tempo suficiente para acudir á reunión.
3.—Os acordos do Consello Rector serán adoptados por maioría simple de votos, con plena executividade.O Presidente exercerá voto dirimente encaso de empate.
ART. 29.—ACTAS E CERTIFICACIÓNS.
1.—De cada sesión do Consello Rector, levantarase Acta polo Secretario, na que se farán constar os acordos adoptados e o resultado das votacións.Transcribiranse nun Libro de Actas debidamente dilixenciado e serán asinadas polo Presidente e o Secretario.
2.—A requerimento dos socios ou dos órganos urbanísticos, deberá o Secretario, co Visto Bo do Presidente, expedir Certificacións do contido do Libro de Actas.
CAPÍTULO 3º.—DO PRESIDENTE
ART. 30.—NOMEAMENTO.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral e o seu nomeamento terá unha duración de dous anos, podendo procederse á súa reelección indefinidamente por periodos iguais. Ó igual cos restantes membros do Consello Rector, o cargo poderá recaer nunha persoa física ou xurídica, pertencente ou allea á propia Xunta de Compensación.
ART. 31.—FUNCIÓNS: Son funcións do Presidente:
a) Convocar, presidir, suspender e levantar as sesións da Asemblea Xeral e do Consello Rector, e facer cumprir os seus acordos.
b) Ostentar a representación xudicial e extraxudicial da Xunta de Compensación e dos seus órganos de goberno, ante toda clase de Xulgados e Tribunais, autoridades e Administracións, así como ante toda clase de persoas xurídico-privadas, podendo outorgar poderes en prol de persoas determinadas e para funcións específicas, así como a prol de
Avogados e Procuradores coas máis amplas facultades de postulación, dando conta ó Consello Rector e Asemblea Xeral. Non obstante a Asemblea Xeral deberá autorizar previamente a interposición da acción xudicial de que se trate.
c) Autorizar as actas da Asemblea Xeral e do Consello Rector, as Certificacións que expida o Secretario, e cantos documentos o requiran.
d) Realizar operacións de xestión ordinaria ou extraordinaria coa Facenda Pública, entidades crediticias, sociedades, empresas e particulares,con respecto das competencias da Asemblea xeral e Consello rector, dándolles conta da súa actuación.
e) Abrir, seguir e cancelar no nome da Xunta de Compensación contas correntes ou de aforro en toda clase de ntidades crediticias. Para dispor destas contas necesitarase a firma de dous dos tres membros seguintes do Consello Rector: Presidente, Vicepresidente e vocal.Librar, aceptar, endosar, renovar, anular,descontar e protestar toda clase de efectos
mercantís; e, en xeral, desenvolver tódalasoperacións bancarias esixidas pola activida

50 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 2 — Martes 4 enero 2005
de da Xunta de Compensación, dando conta ós seus órganos colexiados.
h) Efectuar e esixir pagos, cobros e liquidacións,calesquera que sexa a súa causa xurídica e a persoa ou entidade obrigada.
i) Autorizar o outorgamento de toda clase de actos e contratos.
j) Executar e facer cumprir os acordos tomados pola Asamblea Xeral e polo Consello Rector.
k) Notificar ós Órganos urbanísticos competentes os acordos que deban surtir efectos ante eles.
l) Cantas funcións sexan inherentes ó seu cargo ou lle sexan delegadas pola Asamblea Xeral ou o Consello Rector.
CAPÍTULO 4º.—DO VICEPRESIDENTE.
ART. 32.—NOMEAMENTO:
O Vicepresidente será nomeado en igual forma e polo mesmo período co Presidente e coas mesmas condicións.
ART. 33.—FUNCIÓNS:Serán funcións do Vicepresidente:
a) Substituír ó Presidente nos casos de vacante,ausencia, imposibilidade ou enfermidade, a non ser que designase expresamente a outra persoa para elo. Exercer todas as funcións que lle sexan expresamente delegadas pola
Asamblea Xeral, Consello Rector ou Presidente.
b) Asinar conxuntamente co Presidente ou co Vocal os documentos de disposición de fondos ós que se refire o artigo 30 e) destes Estatutos.
CAPÍTULO 5º.—DO SECRETARIO.
ART. 34.—NOMEAMENTO:
O Secretario será nomeado en igual forma e polo mesmo periodo co Presidente e coas mesmas condicións.
ART. 35.—FUNCIÓNS.
Serán funcións do Secretario:
a) Asistir, por sí ou representado, a tódalas xuntanzas da Asamblea Xeral e do Consello Rector.
b) Levantar Acta das sesións co visto bo do Presidente, transcribíndoas no Libro de Actas correspondente.
c) Expedir Certificacións do contido do Libro de Actas, co Visto Bo do Presidente.
d) Levar un libro-rexistro no que se relacionarán tódolos xunteiros integrantes da Xunta de Compensación, con expresión dos seus datos personais, data de incorporación, cota de participación, número de votos e demáis
circunstancias de interese.
e) No caso de ser propietario do ámbito, poderá vota-los Acordos da Asemblea e Consello Rector en proporción á súa cota de participación.
De non ser propietario, participará nos debates con voz pero sen voto.
CAPÍTULO 6º.—DO TESOUREIRO
ART. 36.—NOMEAMENTO:
O Tesoureiro será nomeado potestativamente en igual forma e polo mesmo periodo co Presidente e coas mesmas condicións.
ART. 37.—FUNCIÓNS.
Serán funcións do Tesoureiro aquelas de natureza contable, presupostaria, ou de custodia de bens e efectos que lle encomenden os demáis órganos da Xunta de Compensación.
TÍTULO V.—APORTACIÓNS E MEDIOS ECONÓMICOS
ART. 38.—INGRESOS DA XUNTA DE COMPENSACIÓN.
Os ingresos da Xunta están constituídos:
a) Pola totalidade dos terreos e dereitos que resulten afectados pola actuación, sen prexuizo do respeto de edificacións preexistentes de acordo ó disposto nas Bases de Actuación e na lexislación aplicable.
b) Polas cuotas ordinarias e extraordinarias satisfeitas polos asociados.
c) Polas subvencións, créditos, doazóns, e outros medios económicos que se obteñan.
d) Polo producto dos alleamentos de bens da Xunta, no seu caso.
e) Polas rendas e productos do seu patrimonio.
f) Polas participacións e ingresos proveñentes de convenios con outras Entidades e Organismos para a realización de fins urbanísticos.
g) Polas aportacións das empresas urbanizadoras,no caso da súa incorporación á Xunta de Compensación.
ART. 39.—CUOTAS E AS SÚAS CLASES:
1.—Son cuotas ordinarias as destiñadas a sufraga-los gastos xerais da Xunta que se recollen nos Presupostos anuais, tales como os de promoción da actua- ción urbanística, execución das obras de urbanización, abono de honorarios profesionais por elaboración de proxectos, dirección de obras, asesoramentos, etc., indemnizacións por expropiación de bens e dereitos, e cantos outros veñan esixidos polo cumprimento do obxecto da Xunta de Compensación e estean recollidos no Presuposto anual.
2.—Son cuotas extraordinarias, as que se determinen en acordos específicos da Asemblea Xeral, como por exemplo a asunción de compromisos de garantía, avais, fianzas constituidos polos membros da Xunta en respaldo de compromisos motivados no proceso urbanizador, e en xeral todas aquelas que non estivesen previstas no Presuposto anual.
ART. 40.—CONTIA E RECAUDACION DE CUOTAS:
1.—A Asemblea Xeral aprobará as cantidades que deban satisfacer os socios integrados na Xunta de Compensación, definirá a forma e condicións de pago daquelas e procederá á súa recaudación.
2.—O importe das cuotas será proporcional á porcentaxe de participación de cada membro na Xunta.
3.—O pago realizarase no prazo máximo de dez días hábiles desde a data de notificación do requerimento que efectuará o Consello Rector. A falta de pago no prazo sinalado, dará lugar á imposición dun recargo do interese básico do Banco de España incrementado en seis puntos.Transcorrido o referido prazo demandarase ó debedor na vía xudicial ordinaria, ou subsidiariamente interesarase da Administración municipal a incoación dun procedemento de constrinximento
contra él.
4.—No caso de reiterada actitude de incumprimento no pago das cuotas, apreciada pola Asemblea Xeral, poderase instar do Concello a expropiación forzosa da finca do propietario renuente en beneficio da Xunta de Compensación, tal e comodispón a Base de Actuación QUINTA.
TÍTULO VI.—IMPUGNACIÓN DE ACORDOS
ART. 41.—RECURSOS.
1.—Os acordos dos órganos da Xunta de Compensación son executivos e en principio non se suspenderán pola súa impugnación.
2.—Os acordos do Consello Rector e da Asamblea Xeral serán recurribles en alzada, os primeiros ante a Asamblea Xeral e os segundos perante o Concello, no prazo establecido para o Recurso de Alzada na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, contado dende a súa adopción ou dende a súa notificación ós ausentes no domicilio que conste na Xunta de Compensación.
3.—Os acordos da Asemblea Xeral e do Consello Rector serán considerados firmes se non fosen impugnados nos prazos sinalados nos apartados prece- dentes. En todo caso, os que votasen en favor do acordo, por si ou por medio de representante,non estarán lexitimados para a súa posterior impugnación na vía administrativa nin xudicial.
TÍTULO VII.—DISOLUCIÓN
E LIQUIDACIÓN
ART. 42.—DISOLUCIÓN.
1.—A Xunta de Compensación disolverase por algunha das seguintes causas:
a) Cumprimento do fin para o que foi constituida,segundo estes Estatutos.
b) Por mandato da autoridade Xudicial.
c) En forma voluntaria, por acordo adoptado en Asamblea Xeral por maioría absoluta de cuotas de participación.
d) Transformación en sociedade civil ou mercantil, co voto unánime dos membros da Xunta.
e) Resolución firme da Administración municipal substituíndo o Sistema de Compensación por outro de xestión pública.
2.—A disolución da Xunta de Compensación dará lugar á extinción da súa personalidade xurídica, debéndose transformar en entidade urbanística de conservación se así o exige o planeamento urbanístico vixente.
3.—Nos supostos a), c) e d) do Aptdo. 1 deste artigo, a disolución deberá ser aprobada polo Concello.
4.—O Consello Rector estará facultado, coas limitacións que a Asemblea Xeral acorde, para realizar as operacións subseguintes á disolución.
ART. 43.—LIQUIDACIÓN.
1.—Acordada válidamente a disolución da Entidade,o Consello Rector, procederá á súa liquidación.
2.—O patrimonio común, se o houber, distribuirase entre os asociados en proporción a súa participación na Xunta de Compensación.
BASES DE ACTUACIÓN
PRIMEIRA.—ÁMBITO TERRITORIAL.
Estas bases regulan a actuación da Xunta de Compensación constituida para a correcta execución do Sistema de Compensación e das obras de urbanización dos terreos integrados ou adscritos no Polígono de referencia.
SEGUNDA.—AS BASES COMO NORMA DE DISTRIBUCIÓN DE BENEFICIOS E CARGAS.
En desenvolvemento destas Bases formularase o correspondente Proxecto de Compensación, como medio de distribución de beneficios e cargas, e como título para a adxudicación dos terreos resultantes da actuación.


TERCEIRA.—OBRIGATORIEDADE E MODIFICACIÓN DAS BASES.
O disposto nestas Bases xerais vincula ós membros da Xunta de Compensación, especialmente no referido ó contido do Proxecto de Compensación que haberán de redactar e aprobar.
CUARTA.—VALORACIÓN DAS PARCELAS ORIXINAIS. FINCAS LITIXIOSAS
1.—O dereito dos propietarios será proporcional á superficie das parcelas respectivas. En solo urbano non consolidado, o dereito dos propietarios afectados será proporcional ó valor urbanístico da superficie dos seus respectivos predios. Non obstante, os propietarios, por unanimidade, poderán adoptar un criterio distinto.
2.—No suposto de discrepancias sobre a titularidade da totalidade ou parte dun terreo ou sinalamento de lindeiros, a resolución definitiva corresponderá á xurisdicción civil ordinaria. O proxecto de compensación limitarase, nese caso, a calificar a titularidade de dubidosa ou litixiosa, segundo proceda.
A Administración actuante asumirá a representación dos dereitos e intereses desas titularidades a efectos da tramitación do expediente. Os gastos que sexan imputables ás devanditas titularidades poderán facerse efectivas pola vía de
constrinximento ou pola vía xudicial ordinaria no caso de impago. Non obstante, as cuestións de lindeiros poderán resolverse no propio expediente de equidistribución, se media a conformidade dos interesados, acreditada mediante comparecencia ou en calquera outra forma fehaciente.
QUINTA.—FINCAS A EXPROPIAR. VALORACIÓNS.
1.—As fincas que se expropien polo Concello ós propietarios non incorporados á Xunta de Compensación ou incumpridores das súas obrigas con ésta, valoraranse consonte co disposto na lexislación urbanística aplicable.
2.—Son causas de expropiación por sanción dos terreos do polígono, con independencia da motivada na falla de incorporación á Xunta, as seguintes:
a) O impago de cuotas ordinarias e extraordinarias nos prazos establecidos no art. 40 dos estatutos,sé polo menos nunha ocasión anterior foi necesario acudir á vía xudicial ou de constrinximento para o cobro dalgunha cuota.
b) En xeral, o incumprimento reiterado dalgunha ou algunhas das obrigas sinaladas no art. 16 dos Estatutos, previa constatación e aprobación pola Asemblea Xeral e o Concello. A estes efectos, entenderase por reiteración o incumprimento desas obrigas nun mínimo de tres ocasións.
3.—Ó valor das fincas expropiadas por incumprimento de obrigas sociais restaráselle a cantidade adebedada polo seu titular en concepto de cuotas ou derramas devengadas pola Xunta de Compensación para o pago de gastos xa contraídos.
4.—A tramitación do expediente contradictorio do prezo-xusto expropiatorio non será obstáculo para a derruba pola Xunta de Compensación das edificacións, instalacións e demáis construccións nin para a ocupación pola mesma Xunta do solo, subsolo ou voo e o desaloxo dos seus ocupantes, nos termos legalmente establecidos segundo o procedemento
expropiatorio empregado.
SEXTA.—ELEMENTOS EXISTENTES SOBRE AS FINCAS APORTADAS. INDEMNIZACIÓN E VALORACIÓN.
1.—As edificacións, obras, plantacións, instalacións e mais outros elementos materiais existentes no solo, voo ou subsolo das fincas preexistentes, non se consideran como valores aportados nin deben ser en principio indemnizados.
2.—Non obstante, ditos elementos serán indemnizados con cargo ó fondo de compensación nos seguintes casos alternativos:
a) Cando sexa necesaria a súa eliminación física para realizar as obras de urbanización previstas no planeamento urbanístico aplicable.
b) Cando estean situados nunha parcela primitiva que no Proxecto de Compensación non se adxudique íntegramente ó seu propietario orixinal.
c) Cando a súa conservación sexa radicalmente incompatible coa ordenación urbanística, incluso como uso provisional.
3.—A valoración destes elementos efectuarase dacordo co disposto na lexislación vixente aplicable,determinándose a correspondente indemnización no Proxecto de Compensación. Poderase acudir perante o Xurado Provincial de Expropiación Forzosa, ou órgano que o substitúa, no caso de discrepancia coa valoración aprobada no Proxecto de
Compensación consonte co sinalado no Art. 13.3 dos Estatutos. Sen embargo, a aprobación definitiva
do mesmo constituirá título suficiente para a ocupación dos inmobles que correspondan, unha vez que se constitúa en depósito ou se efectúe o pagamento das indemnizacións ás que se refire este número.
4.—As edificacións, obras, plantacións, instalacións e outros elementos existentes sobre as fincas, nos que a súa derruba non sexa precisa en atención ó disposto nos párrafos anteriores, poderanse conservar polos seus actuais propietarios, a excepción das partes ou superficies afectadas pola regularización dos seus lindeiros e as segregacións precisas de superficies, subsolo e voos obxecto da cesión para o desenvolvemento da ordenación do Polígono
5.—A calificación como fóra de ordenación deses edificios, obras, plantacións ou instalacións e outros elementos materiais existentes nas parcelas das que a súa derruba non sexa precisa para a realización das obras de urbanización, non orixinará en ningún caso dereito a indemnización a cargo da Xunta de Compensación.
6.—A adxudicación en proindiviso dunha mesma parcela resultante a varios propietarios tampouco dará lugar a indemnización.
SÉTIMA.—EXISTENCIA DE DEREITOS REAIS E CARGAS, SERVIDUMES E DEREITOS DE ARRENDAMENTO. VALORACIÓN.
1.—Cando non se produza a subrogación real, o acordo aprobatorio do instrumento de equidistribución extinguirá os dereitos reais e cargas constituídos sobre o predio achegado. O propietario que o achegou sufragará a indemnización que corresponda,fixándose o seu importe no mencionado acordo.
2.—Nos supostos de subrogación real, se existisen dereitos reais ou cargas que se estimen incompatibles co planeamento, o acordo aprobatorio do Proxecto de Compensación declarará a súa extinción e fixará a indemnización correspondente a cargo do propietario respectivo.
3.—Existindo subrogación real e compatibilidade co planeamento urbanístico, se a situación e as
características do novo predio fosen incompatibles coa subsistencia dos dereitos reais ou das cargas que deberían recaer sobre elas, as persoas ás que estes dereitos ou cargas favorecesen poderán obter a súa transformación nun dereito de crédito con garantía hipotecaria sobre o novo predio, na contía en que a carga se valorase. O rexistrador da propiedade que aprecie tal incompatibilidade farao constar así no asento respectivo. En defecto de acordo
entre as partes interesadas, calquera deles poderá acudir ó Xulgado competente de orde civil para obter unha resolución declarativa de compatibilidade ou incompatibilidade e, neste último caso,para fixar a valoración da carga e a constitución da mencionada garantía hipotecaria.
4.—Malia o disposto nos números 1 e 2 desta Base de Actuación, as indemnizacións pola extinción de servidumes ou dereitos de arrendamentoincompatibles co planeamento ou coa súa execución consideraranse gastos de urbanización a cargo da Xunta de Compensación, sempre e cando se traten de servidumes ou arrendamentos anteriores á data de aprobación definitiva do Plan Xeral vixente,sendo noutro caso a cargo do dono da parcela ou arrendador.
5.—A valoración dos dereitos reais, cargas, servidumes e dos arrendamentos que se extingan efectuarase no Proxecto de Compensación, segundo o disposto na lexislación aplicable. Poderá acudirse perante o Xurado Provincial de Expropiación Forzosa,ou órgano que o substitúa, no caso de discrepancia coa valoración aprobada no Proxecto de compensación. Sen embargo, a aprobación definitiva do mesmo constituirá título suficiente para a ocupación dos inmobles que correspondan, unha vez que se constitúa en depósito ou se efectúe o pagamento das indemnizacións ás que se refire este número.
OITAVA.—VALORACIÓN NO CASO DE
INCORPORACIÓN DE EMPRESAS
URBANIZADORAS.
1.—A valoración da aportación de Empresas Urbanizadoras,determinarase considerando o custe
do presuposto dos proxectos e obras das cales a suma a sua realización.
2.—A incorporación poderase producir en calquera momento. Nese caso, a Asemblea Xeral acordará a súa procedencia, condicións e garantías de incorporación, con determinación das contrapartidas á aportación da Empresa urbanizadora.
NOVENA.—CONTRATACIÓN E CONTROL DAS
OBRAS DE URBANIZACIÓN.
A execución das obras de urbanización, e as de edificación, no seu caso, contrataranse pola Xunta de Compensación coa empresa ou empresas e técnicos que libremente sexan designados pola Asemblea Xeral.
As obras de urbanización contrataranse coas garantías de concorrencia e publicidade legalmente
esixibles.
No contrato de execución de obras consignaranse, ademáis das habituais e as concretamente
acordadas pola Xunta de Compensación, as seguintes cláusulas:
a) O compromiso da empresa constructora de realizar as obras de total conformidade cos
proxectos de urbanización debidamente aprobados.
b) A obriga da empresa de facilitar a acción inspectora da Administración actuante e da
Xunta de Compensación.
c) Aqueles supostos de incumprimento que poidan dar lugar á resolución do contrato, así
como as indemnizacións que correspondan por inobservancia das características técnicas
das obras ou dos prazos de execución.
d) Prazos e modalidade de abono pola Xunta de cantidades a conta en función da obra realizada.
e) A retención que, de cada pago parcial a conta, teña que efectuar a Xunta, en garantía
da correcta execución das obras. Estas retencións non serán devoltas ata a definitiva recepción
das obras.

DÉCIMA.—PRAZOS E FORMA DO PAGO
DE CUOTAS.
1.—As cuotas ordinarias e extraordinarias e as derramas que procedan conforme ó disposto nos
Estatutos, serán satisfeitas no prazo máximo de dez días hábiles desde que foron requeridos para isto os propietarios integrantes do Polígono, mediante carta certificada con acuse de recibo, burofax, ou calquera outro medio que deixe constancia da súa recepción polo interesado.
2.—Transcorrido o prazo sinalado, sen efectuarse o pago, seguirase o procedemento establecido no artigo 40 dos Estatutos.
3.—O pago efectuarase en metálico. Previo Acordo do Consello Rector poderá aprazarse ou
fraccionarse en atención ás condicións, económico persoais dalgún dos membros da Xunta, sen que, en ningún caso, supoña prexuizo para o conxunto.
Tamén poderase acordar pola Xunta de Compensación
a substitución do pago en metálico pola entrega
de terreos do polígono con valor equivalente,
na proporción que corresponda á cuota ou cuotas,
correspondendo á Xunta de Compensación a fixación
do valor de cambio e quedando a cuota do
propietario reducida ó terreo que reteña.
DECIMOPRIMEIRA.—RESPONSABILIDADE DA
XUNTA DE COMPENSACIÓN.
A Xunta de Compensación será directamente
responsable fronte ó Concello da urbanización
completa do Polígono, tanto no que respecta ás características
técnicas das obras coma no referente
ós prazos de execución e transmisión ó Concello
das mesmas.
DECIMOSEGUNDA.—AFECCIÓN REAL DOS
TERREOS.
Os terreos quedan afectos ó cumprimento das
obrigas inherentes ó sistema de compensación, segundo
o disposto na vixente lexislación urbanística
e rexistral.
DECIMOTERCEIRA.—VALORACIÓN DAS FINCAS
RESULTANTES E MOMENTO E CRITERIOS DE
ADXUDICACIÓN.
1.—Para a determinación do valor das parcelas
resultantes considerarase o valor de repercusión en
parcela, determinado na forma que sinale a normativa
sobre fixación de valores catastrais. Se o valor
de repercusión en parcela non estivese determinado
pola Administración tributaria conforme ás determinacións
do plan en execución, ou perdese a súa
vixencia, calcularase aquél aplicando os valores de
repercusión obtidos polo método residual. As compensacións
económicas substitutivas ou complementarias
por diferencias de adxudicación que, se é
o caso, procedan fixaranse conforme ó disposto no
resto das Bases de Actuación e na lexislación vixente.
2.—A aprobación definitiva do Proxecto de
Compensación efectuada polo Concello determinará
a subrogación con plena eficacia real das antigas
polas novas parcelas, coa conseguinte inscripción
no Rexistro da Propiedade e aplicación das exencións
fiscais nos termos establecidos na lexislación
vixente.
3.—A distribución dos beneficios e cargas efectuarase
en proporción ás cuotas de participación de
cada un dos propietarios, dacordo co sinalado nos
Estatutos e nas presentes Bases de Actuación.
4.—En ningún caso poderanse adxudicar como
fincas independentes superficies inferiores á parcela
mínima edificable ou que non reúnan a configuración
e características axeitadas para a súa edificación
conforme ó planeamento.
Se pola escasa contía dos dereitos dalgúns dos
membros da Xunta, non fose posible a adxudicación
ós mesmos de fincas independentes, atribuirásenlles
en proindiviso, con expresión no título da
cuota correspondente a cada un deles, sen que por
elo teñan dereito a indemnización. Procurarase
agrupar a todos estes propietarios nunhas mesmas
parcelas resultantes. Nestes supostos os adxudicatarios
en proindiviso virán obrigados a edificar
conxuntamente ou a transmitir a súa participación
ós restantes condóminos. Non obstante, se a contía
dos dereitos dalgún propietario non alcanzase o 15
por cento da parcela mínima edificable, a adxudicación
poderase substituir por unha indemnización
en metálico.
5.—Procurarase, sempre que o consintan as exixencias
da reparcelación, que as fincas adxudicadas
se sitúen no lugar máis próximo posible ó das antigas
propiedades dos mesmos titulares. Esta regla
non se aplicará no caso de que as antigas propiedades
estean situadas en máis do 50 por 100 da súa superficie
en terreos destinados polo plan a viais,
zonas verdes ou outros usos incompatibles coa propiedade
privada. Tampouco se se pode evitar unha
situación de proindiviso na finca resultante.
6.—No suposto en que se produzan diferencias
de adxudicación, éstas serán contempladas e valoradas
no Proxecto de Compensación conforme ó
disposto na lexislación vixente, liquidándoselles ós
titulares cando se aprobe definitivamente o citado
Proxecto.
DECIMOCUARTA.—MOMENTO DE EDIFICACIÓN.
Unha vez aprobados os correspondentes Proxectos
de compensación e de urbanización do ámbito,
os propietarios poderán acollerse á facultade de
iniciar as obras de construcción simultánea, previa
obtención da correspondente licencia de obras municipal
e a prestación das garantías que sexan legalmente
esixibles.

DECIMOQUINTA.—CONSERVACIÓN DA
URBANIZACIÓN E TRANSMISIÓN Ó
CONCELLO DE TERREOS E SERVICIOS:
1.—O acordo de aprobación definitiva do Proxecto
de Compensación producirá a cesión ó Concello
dos terreos obxecto de cesión gratuita, para a
súa afectación ós usos previstos no planeamiento.
2.—Ata que se produza a recepción dos servizos
e terreos polo Concello, a conservación da urbanización
correrá a cargo da Xunta de Compensación
de acordo cos criterios de proporcionalidade previstos
para o pago das cuotas de urbanización.
3.—A cesión das obras de urbanización e instalacións
previstas no seu caso, producirase a prol do
Concello no prazo de tres meses desde a súa recepción
definitiva pola Xunta de Compensación. Poderanse
referir a fraccións do solo ordenado que
constitúan unidades funcionais directamente utilizables
se así se prevé no Proxecto de Urbanización.
Esa recepción reflectirase nunha Acta que asinarán
a Administración e a Xunta de Compensación.
Aplicarase supletoriamente a este respecto o disposto
na vixente lexislación sobre o contrato de
obras públicas.
4.—No caso de que así o ordenase o planeamento
urbanístico aplicable, constituirase unha entidade
urbanística de conservación das zonas verdes de
nova creación, no momento no que se produza a recepción
definitiva, expresa ou presunta, das obras
de urbanización polo Concello. Tamén poderase
constituir pola transformación da Xunta de Compensación
en entidade urbanística de conservación.
......................................