SalvemosSanxenxo

martes

  • Aprobación definitiva do proxecto de urbanización presentado pola mercantil “Acantilados Paradises S.L.”, para o desenvolvemento do S.U. 1 en Os Cotos - Dorrón.

    Por Resolución da Presidencia de data 8 de febreirode 2006, acordouse prestar aprobación definitiva
    ó proxecto de urbanización presentado polamercantil “Acantilados Paradises S.L.”, para o
    desenvolvemento do S.U. 1 en Os Cotos-Dorrón-Sanxenxo, de conformidade coa documentación co
    proxecto técnico presentado, redactado polo Enxeñeiro de Caminos, Canles e Portos don Roberto Aya
    Duarte, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia na data do
    02/03/05, e documentación complementaria visada na data do 06/07/05, e anexo nº 14, visado en data
    05/12/05. O que se fai público para a súa executividade,suliñándose que contra este acto administrativo,
    que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano ca dictou no prazo dun mes a contar desde o día seguinte o da súa publicación, consonte co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte da publicación deste
    anuncio.
    Sanxenxo, a 17 de febreiro de 2006.—O Presidente,
    Telmo Martín González.